Nordés - Arderán no Inferno

Quixeron debuxar un sorriso
Sobre a nosa desesperación
Tapar con máscaras as facianas
Que enfrontaban a raiba e a dor
Sempre haberá almas insurxentes
Dispostas a loitar con paixón
Antes guillotina que silencio
Sempre ceibes

Agora estás endeudado
E xa non tes que comer
Confiaches no sistema
Confiaches no poder
Todo se foi ó carallo
Tes o odio a flor de pel
Dirixe toda a túa raiba
Arderán no inferno

Non te queixes do primeiro mundo
Fai unha aposta e berra gol
Alónxate dese mendigo
Que ten pinta de ser un ladrón
Cambia o circulo que te arrodea,
Sube estatus e viste mellor
Rematarei por prender a mecha
Sempre ceibes

Agora estás endeudado
E xa non tes que comer
Confiaches no sistema
Confiaches no poder
Todo se foi ó carallo
Tes o odio a flor de pel
Dirixe toda a túa raiba

Venden fume, ofrecen nácar,
Son coma ratas,
Venderíante por un pacto, con quen?
Con quen asasina ó pobo
A quen lle vendes armas?
Non vé a realidade quen non a quere ver
Vén, vén comigo,
Vén deixa de ser sumiso
Deixa de acatar sen filtros e comeza a crer
Eles queren que ulamos medo,
Ímolos ver tremer

Cambia o circulo que te arrodea,
Sube estatus e viste mellor
Rematarei por prender a mecha
Sempre ceibes

Agora estás endeudado
E xa non tes que comer
Confiaches no sistema
Confiaches no poder
Todo se foi ó carallo
Tes o odio a flor de pel
Dirixe toda a túa raiba

Agora estás endeudado
E xa non tes que comer
Confiaches no sistema
Confiaches no poder
Todo se foi ó carallo
Tes o odio a flor de pel
Dirixe toda a túa raiba
Arderán no inferno

Written by:
Daniel Brañas, Javier González-Tejero, Lucas Gómez, Rafael Martínez, Simón Velasco, Xabier Blanco

Publisher:
Lyrics © O/B/O DistroKid

Lyrics powered by Lyric Find

Nordés

View Profile